Translate

viernes, diciembre 30, 2016

RIANXO


“A vida non é grande,grandes son as persoas
 que están na miña vida porque así o decidiron”.
 
Preto da costa mora un corpo
que cando está espido,
o vento mareiro en desexo,
faino a treboadas bruar.
 
Coas soidades non podo,
nin tan siquera ollar ao lonxe
cando paso por Rianxo,
sempre te hei de extrañar.
 
A miudo fago o camiño ao revés,
é o meu xeito de te lembrar,
se avanzara cara diante,
tan só de olvido che podería falar.
 
Cando as angurias me encadean o peito
só en ti podo matinar
e cun arsenal de caricias finxidas
sempre remato a chorar.