Translate

lunes, junio 27, 2016

SAN XOAN EN BALIEIROS


 
Da man, pola ourela,
ó már bravío fomos deitar,
as areas salgadas
ensináronnos a amar.
 
A auga escumosa batía,
ata romper a máis non dar,
agarreite da cintura
namentras me comezaches a bicar.
 
A luz do faro arremetía,
sobor das rochas viña parar,
sen ninguén que nos puidera axexar,
os nosos corpos, comezaron a bramar.
 
A roupa esparexida polo contorno,
agardaba pola purificación de San Xoan,
o desexo abrasador quería agromar,
só as rochas foron testigo daquel xeito de amar.
 
Amor prohibido fomos pasear,
cos nosos corpos a crepitar
de Corrubedo a Ribeira,
sementando paixón pola beiramar.
 
Tivemos o mundo aos nosos pés,
dende o Mirador da Ra,
cun manto ateigado de estrelas
e a lúa no firmamento infindo a brilar.
 
Non estaba o meu amor,
sí a razón do meu penar,
o que puido ser un día
e paseniño se foi sen claudicar.