Translate

jueves, julio 03, 2014

A RIANXEIRA


“Que non daría por amencer ao teu carón e non ter

necesidade de lembrar outros corpos alleos”.

 

En Rianxo, o mar

á terra, mainiño foi bicar,

namentras o arrecendo da costa,

ao interior, se ven namorar.

Do teu corpo ao meu lar,

paseniño e de vagar,

a semente da vida nova,

nunha rapariga veño de ollar.

Vida nova que se esfuma,

en porto de mar fun achar,

a carón das miñas costas,

a túa pel remato de aloumiñar.

Un sinxelo e tenro ser humano,

o meu ímpetu ben de aplacar,

foron os brazos dunha rianxeira,

os que fixeron a miña lívido agroumar.

Noite lúbrica, transgresora e redimida

de corpos que brúan espidos,

treboadas de paixón contida,

en húmidos beizos prohibidos.
 
Como vento mareiro arreciaches

e de igual xeito, ¡corazón aventureiro!,

sen a penas despedirte, marchaches,

tornando escuridade, onde os teus ollos pousaches.



 

“Esta é a miña pequena homaxe a quen acostuma

a vir remar ao interior, agardando que algún día,

me convides a facelo en Rianxo, ao teu carón”
NOTA: Este poema foi presentado ao concurso "Díselo con catro gatos", obtendo o primeiro premio. O galardón foi fallado o día 12/02/2015, sendo publicado no diario dixital ·Catro gatos", o día 14/02/2015, con motivo da celebración do día de San Valentín.
O feito creativo é sumamente importante pero para que éste se produza, é necesario que exista una fonte de inspiración por iso, é de ben nacidos ser agradecidos e eu o son. A ti J.F. que eres a miña inagotable fonte de inspiración, o meu presente máis esperanzador. O éxito da "Rianxeira", é compartido ao 50%, este poema xurde porque ti existes.
 
Máis información: www.catrogatos.com